Fútbol base de quilates no III Torneo Internacional Tucho de la Torre

Marín
08 de decembro 2017

O Estadio Municipal de San Pedro, en Marín, foi escenario este venres da fase final do torneo, que leva o nome do popular ex-futbolista, recentemente falecido

III Torneo Internacional Tucho de la Torre de fútbol-8
III Torneo Internacional Tucho de la Torre de fútbol-8 / Diego Torrado

O mércores foi quenda da fase previa e este venres o protagonismo foi para unha espectacular fase final.

A terceira edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre rendeu unha sentida homenaxe ao popular ex-futbolista marinense, recentemente falecido, cunha xornada de fútbol base de moitos quilates.

Sobre o Estadio Municipal de San Pedro déronse cita algunhas das grandes canteiras galegas, nacionais e tamén de Portugal.

Sobre o tapete, en categoría benxamín e alevín, competiron ademais da anfitrión Vila de Marín: Celta de Vigo,  F.C. Porto, Deportivo da Coruña, Lugo, Real Valladolid, Pabellón de Ourense e Real Zaragoza, ao que se sumaron Portero 2.000 e Santa Mariña como vencedores da fase previa.