Futuro asegurado no Club Baloncesto Arxil

Pontevedra
04 de xullo 2014

O equipo de minibasket da entidade, campión da Jamboree Nacional e o Campionato Galego, recibe a homenaxe do alcalde e concelleiro de Deportes de Pontevedra

Recepción ao equipo de minibasket do Arxil no Concello
Recepción ao equipo de minibasket do Arxil no Concello / PontevedraViva

A gran tempada do equipo de minibasket do Arxil motivou que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, recibisen o equipo verde para renderlle unha merecida homenaxe.

O conxunto arxilista acábase de proclamar vencedor da Jamboree Nacional, unha especie de campionato de España oficioso da categoría, nun curso no que tamén gañou o Campionato Galego.

Unha xeración de deportistas que garante o futuro do baloncesto feminino na cidade e reforza o traballo de base realizado polo club pontevedrés.