Gabriel de la Cruz logra a mínima europea na súa estrea coa Gimnástica

Pontevedra
31 de xaneiro 2021

De la Cruz, que competía por primeira vez coas cores do equipo pontevedrés, chegou á meta nun tempo de 6,77 en 60 metros lisos. Con este rexistro bate a súa mellor marca persoal e faise co primeiro posto na clasificación nacional sub 23 e absoluto, e logra a mínima europea en categoría sub 23

Gabriel de la Cruz
Gabriel de la Cruz / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Gabriel de la Cruz, logrou este sábado a mínima europea no control de marcas celebrado este sábado na pista cuberta de Salamanca.

De la Cruz, que competía por primeira vez coas cores do equipo pontevedrés, chegou á meta nun tempo de 6,77 en 60 metros lisos.

"Cuando llegué a la meta y vi el tiempo no me lo creía", explicou o atleta tras a carreira.

Con este rexistro bate a súa mellor marca persoal, faise co primeiro posto na clasificación nacional sub 23 e absoluto (coa mesma marca que Daniel Rodríguez, do Playas de Castellón), e logra a mínima europea en categoría sub 23, segundo acredita a Federación Española de Atletismo.

En Salamanca tamén competiu Eva Arias. A atleta da Gimnástica parou o cronómetro en 4:42.17 nos 1.500 metros lisos, tempo que lle fixo coarse no máis alto da clasificación nacional das categorías máster W35 e W40.

Por último, Diego Casas participou na III Xornada de Lanzamentos Longos disputada en Palencia, onde demostrou que segue nun bo estado de forma ao lograr un mellor intento de 54,67 metros.