Galicia convoca catro ciclistas pontevedreses para o Campionato de España Júnior

Pontevedra
27 de agosto 2020

Entre os once citados atópanse Claudia García, Sabela Rey e Raúl Casalderrey do Farto, así como Gianni Iannelli do Ciudad de Pontevedra.

Adestramento do equipo Aleata-Farto
Adestramento do equipo Aleata-Farto

O Campionato de España de ciclismo na estrada júnior celébrase a primeira fin de semana de setembro na localidade mallorquina de Llucmajor e alí estará o combinado galego. A Federación Galega fixo público este xoves a convocatoria para o nacional e entre os citados figuran tres ciclistas do Club Ciclista Farto e un do Ciudad de Pontevedra.

A selección galega, composta por tres corredoras e oito corredoras, competirá entre o 4 e 6 de setembro e desprazarase ao arquipélago balear o vindeiro xoves. O evento comezará o venres 4 coa disputa das contrarreloxos individuais, mentres que o domingo será a quenda das probas en liña. Ás 9 horas tomará a saída as mulleres, mentres que os homes farano ás 11 horas.

En representación dos clubs pontevedreses estarán Claudia García, Sabela Rey e Raúl Casalderrey do Farto, mentres que Gianni Iannelli representará ao Ciudad de Pontevedra.

O resto do combinado júnior galego está formado por Aroa Mediavilla do Cambre, Manuel Rodríguez do Bathco, Ismael Rodríguez, Martín Rey e Breogán Diz do Cortizo, Miguel Ángel Mera do MMR e Miguel Rodríguez do Ponteareas.