Só faltan cinco xornadas para que conclúa a liga na División de Honra Prata de balonmán, e o Cisne quere seguir aspirando ata o final a unha praza para a fase de ascenso á máxima categoría.
Para iso faise indispensable deixar atrás o que foi o talón de aquiles do equipo ao longo da tempada, o seu mal rendemento a domicilio, e gañar no próximo desprazamento, este sábado (18:45 horas) na cancha do Tolosa.
O equipo pontevedrés visita ao pechacancelas da competición e xa descendido nun momento clave da tempada, xa que tras esta xornada o Cisne recibirá no CGTD ao Torrelavega, equipo que marca a fronteira coa fase de ascenso con catro puntos máis na táboa que os de Jabato.
Tampouco Alcobendas, o outro equipo que marcha con con catro puntos máis que o Cisne, ten un calendario sinxelo, xa que visita a complicada pista do Bordils para recibir a próxima semana a un Teucro que quere asegurar canto antes o ascenso.
Os colexiados do encontro entre Tolosa e Cisne serán os andaluces José e Francisco Gallardo Cabello.