Non é habitual que Jesús Ramos outorgue unha importancia especial, polo menos abertamente, a un partido, pero é que o derbi que enfrontará o vindeiro domingo 17 (17.00 horas) ao Racing de Ferrol pode supoñer un importante paso á fronte para o seu equipo nas súas aspiracións de acabar entre os tres primeiros postos.
O é porque, como mínimo, gañar supoñería deixar nunha posición moi delicada a un rival directo. "Los partidos de la segunda vuelta tienen otro punto", recoñece o técnico, e neste caso se conseguen vencer "serían 4 puntos más el average ganado, con un partido menos", destaca, polo que "aunque no lo descartas 100% sí sería un rival menos con el que pelear por lo mismo", asegura Ramos.
Por todo iso "es un partido importante" para o preparador marinense sabendo que se trata dun rival moi perigoso. "Sólo ha perdido el partido del Dépor fuera. Sabemos del potencial de sus futbolistas, de la capacidad que tiene su entrenador. Es un equipo que te puede hacer daño en cuaquier momento", analiza.
Outro factor para ter en conta para o Pontevedra será que o seu rival "querrá venir aquí sabiendo que a lo mejor es una de sus últimas balas", avisa o adestrador granate.
No derbi os locais non contarán aínda cun dos seus maiores expoñentes, o brasileiro Charles, que cumprirá o seu segundo e último partido de suspensión. Un aspecto ao que non quere agarrarse Ramos, apelando á forza do colectivo. "No vamos a inventar nada, es una baja sensible e importante pero nosotros nos tenemos que basar si queremos conseguir objetivos en el colectivo. Creemos que somos un gran equipo y los grandes equipos cuándo pasan este tipo de ciscunstancias el resto de futbolistas tienen que dar el do de pecho", defende o técnico. Máis claro imposible.