O gardameta Chema, primeira confirmación no plantel do Arosa para o seu regreso a Segunda RFEF

O Salnés
25 de xuño 2026

O porteiro santiagués renovou a súa vinculación por un ano máis co conxunto arlequinado tras ser unha peza chave do equipo que certificou o ascenso

Presentación de Chema co Arosa
Presentación de Chema co Arosa / Arosa SC

Primeira peza confirmada no plantel do Arosa para comptir en Segunda RFEF tras o seu brillante ascenso de categoría.

Sacando ao adestrador Gonza, que seguirá á fronte da nave, a primeira renovación no equipo foi a dunha peza chave dese ascenso.

José Manuel Leobalde 'Chema', porteiro titular durante o curso recentemente finalizado, renovou por un ano máis cos da Lomba.

"A miña primeira opción era o Arosa, a miña segunda opción era o Arosa e a miña terceira opción tamén era o Arosa", afirmou o gardameta en declaracións difundidas polo equipo tras a súa renovación.

"Vai ser unha tempada dura, con moitas viaxes bastante lonxe. Pero para iso queriamos ascender. Temos moita ilusión e ímolo a afrontar con moitas ganas e moitísima fame que é o que hai no club", sinalou.

Chema afrontará desta forma a súa segunda campaña no Arosa.

O pasado ano, tras aterrar na Lomba procedente do Noia, foi titular en 35 partidos de liga.

Achegará, sinala a entidade de Vilagarcía, "seguridade, ambición e traballo" baixo paus.