A gardameta Yanira, primeira fichaxe do Poio Pescamar

Poio
10 de xuño 2025

Internacional sub-19, a porteira lucense procede do FC Meigas da Segunda División

Yanira Guizán, con la Selección Española Sub 17
Yanira Guizán, con la Selección Española Sub 17 / RFEF

Primeira fichaxe do Poio Pescamar para a próxima tempada 25/26.

Despois dunha serie de renovacións, o conxunto conserveiro confirmou este martes a súa primeira incorporación.

Trátase dunha moza aposta para a súa portaría, a de Yanira Guizán.

Con 19 anos, a gardameta chega ao conxunto conserveiro tras defender o último curso o FC Meigas de Bertamiráns na Segunda División.

Antes formouse na EDM Concello de Guitiriz ata o seu primeiro ano de xuvenil, cando saltou directamente a Primeira División co Viaxes Amarelle.

O seu bo rendemento valeulle estes anos convocatorias coas seleccións españolas sub-17 e sub-19.

Esta tempada precisamente na Selección Española Sub-19 coincidiu coa vermella Miri.

Yanira é a sétima peza do novo proxecto deportivo do Poio Pescamar, xunto á renovadas Candela, Elena González, Ale de Paz, Martita, Èlia e Chuli.