Gas Natural Fenosa corta a luz ao Pontevedra a pesar de estar ao corrente no pagamento

Pontevedra
29 de xaneiro 2014

O presidente granate garante que o partido ante o Arosa "se jugará" e que o club "ha pagado todas las facturas". Asegura ademais que "en defensa de los intereses del Pontevedra acudiré a donde tenga que acudir". O club xa negocia con Iberdrola un novo contrato ante a "decisión unilateral" de Fenosa

José Manuel Fernández en Pasarón tras conocerse o corte de luz
José Manuel Fernández en Pasarón tras conocerse o corte de luz

O Estadio Municipal de Pasarón quedou temporalmente sen luz tras a "decisión unilateral" de Gas Natural Fenosa de cancelar o contrato de subministración eléctrica co Pontevedra Club de Fútbol.

Así o confirmado o presidente granate, José Manuel Fernández, quen asegurou que "el club ha pagado todas sus facturas, la última de 3.200 euros" e que o motivo esgrimido pola empresa é a "evolución de las variables eléctricas a nivel mundial y en España en particular".

José Manuel Fernández: "El club ha pagado todas sus facturas, la última de 3.200 euros"

Fenosa anunciou a decisión de renegociar o contrato enerxético o pasado 29 de outubro mediante burofax, instando a unha negociación que finalmente non se produciu.

Ante esta circunstacia o Pontevedra solicitou presupostos con outras empresas do sector, chegando a aceptar unha proposta de Iberdrola que está en proceso de formalizarse.

O problema é que este corte "sin previo aviso" chega sen tempo de traspasar o contrato de compañía, co prexuízo que iso supón para a actividade diaria do club, polo que "el Pontevedra Club de Fútbol en defensa de sus intereses acudirá a donde tenga que acudir", afirmou Fernández.

José Manuel Fernández: "El partido ante el Arosa se va a celebrar"

O presidente do Consello de Administración garantiu ademais que "el partido ante el Arosa se va a celebrar" utilizando se é necesario o xerador de emerxencia co que conta o estadio e que xa se está a poñer a punto.

O corte da subministración eléctrica afecta tamén ás oficinas da Federación Galega de Fútbol, pero non así ás instalacións de Protección Civil, que contan cun contrato independente.