O Gimsport pisa o podio na segunda xornada da Liga Nacional Infantil de Kárate

Pontevedra
24 de febreiro 2025
Actualizado: 13:07

Catro deportistas da Escola de Karate Gimsport de Pontevedra desprazáronse ata Albacete para disputar a segunda xornada da Liga Nacional

Deportistas do Gimsport que acudiron á 2ª xornada da Liga Nacional
Deportistas do Gimsport que acudiron á 2ª xornada da Liga Nacional / EK Gimsport Pontevedra

Ata Albacete desprazouse a Escola de Karate Gimsport de Pontevedra para poder disputar a segunda xornada da Liga Nacional Infantil.

O club pontevedrés acudiu á cita con catro xóvenes representantes, conseguindo cun deles pisar o podio de honra.

Logrouno Ariadna Álvarez cunha medalla de bronce en categoría alevín. 

A pontevedresa sumou tres triunfos para impoñerse na fase de grupos, e caeu en semifinais vencendo posteriormente o combate polo bronce.

Ademais Borja González en kata infantil gañou tres encontros chegando ata os 1/8 de final, onde perdeu sen opción a repesca, e avanzou ata a mesma rolda na modalidade de kumite.

Mateo Quintás, pola súa banda, gañou dúas roldas en kata infantil cedendo nos 1/16 de final.

Por último en kata de categoría alevín Vera Quintás foi eliminada tamén nos 1/16 de final.

Uns resultados que reforzan o traballo do Gimsport para os seus próximos retos, como o Campionato Galego Infantil e a Copa Cadete que se disputarán o 8 de marzo en Santiago de Compostela.