Vitoria fundamental na Seca do equipo de Luís López-Tulla para lograr asentarse nas catro primeiras posicións da táboa e pór fin á mala dinámica tras dúas derrotas consecutivas. O Poio Pescamar impúxose cun sólido 5-1 ao Móstoles nun partido que foi practicamente resolto no dez primeiros minutos.
E é que nesta ocasión foi o cadro conserveiro quen desnivelou a contenda cun gol temperán. Carolina Bravo recibiu o balón na esquerda, pasou a Irene García cunha finta e asistiu a Chuli, que definiu con calidade dentro da área para pór o 1-0 no marcador.
Non permitiu a reacción do Móstoles o conxunto local, que volveu golpear tres minutos despois do primeiro tanto nun saque de esquina. Martita atopou a Carolina Bravo lonxe da área e a lanzaroteña, sen pensalo, golpeou de primeiras para pór o segundo do partido cun auténtico golazo.
Continuou o festín de goles na Seca. Noelia Montoro sacou de banda para Carolina Pedreira e a portuguesa probou cun lanzamento afastado. Cando o disparo parecía desviarse apareceu Débora Lavrador, que meteu a punta do pé para bater a Silvia García. 3-0 en dez minutos e partido encamiñado para o equipo de Luís López-Tulla.
Esta vantaxe permitiu ás locais baixar a intensidade e xestionar os minutos restantes até o descanso.
Xa na segunda metade perdeu intensidade o Móstoles en favor dun Poio Pescamar que fixo o 4-0 a dez minutos do final.
Foi nun saque de esquina culminado cun remate de Élia, que se internou no área para recoller un rebote e bater á meta do Móstoles cun gran golpeo. Este tanto fixo xustiza á xogadora, que xa había había merecido o gol con anterioridade.
Co conxunto madrileño en ataque de cinco chegou o seu gol da honra. Nerea Moldes culminou no segundo pau unha bonita combinación que colleu por sospresa á defensa local.
Lonxe de avistar un indicio de remontada, Zaide aproveitou unha perda de balón do Móstoles para facer o definitivo 5-1 a porta baleira no minuto 38 de partido.
O conxunto conserveiro pechou así unha goleada na Seca para pór fin á súa mala dinámica e asentarse nos postos de playoff. A derrota do Alcorcón permite ao Poio abrir unha brecha de sete puntos sobre a quinta posición.
Consulta o acta neste enlace.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.