Gómez Noya retírase en Estocolmo pero mantense líder a falta da Gran Final

Pontevedra
23 de agosto 2014

Unha indisposición obrígalle a abandonar ao comezo de último sector. Valeríalle concluír en cuarta posición na Gran Final de Edmonton da próxima fin de semana para revalidar o seu título das Series Mundiais

Javi Gómez Noya e Mario Mola, nas Series Mundiais de Chicago
Javi Gómez Noya e Mario Mola, nas Series Mundiais de Chicago

Problemas estomacais obrigaron a Javier Gómez Noya a retirarse da proba das Series Mundiais de Triatlón celebrada este sábado en Estocolmo en distancia Sprint.

O propio Gómez Noya confirmou eses problemas a través da súa conta de Twitter, onde asegurou que tomou a decisión para poder recuperarse pensando na Gran Final do campionato, que se celebrará a próxima fin de semana na localidade canadiense de Edmonton.

Alí ao triatleta afincado en Pontevedra valeríalle con finalizar no cuarto posto para revalidar o título mundial.

En canto á proba disputada na capital sueca, Gómez Noya quedou pronto descolgado do grupo dos favoritos e optou por abandonar ao comezo da carreira a pé. Por diante Jonathan Brownlee impúxose seguido do seu irmán Alistair e co español Mario Mola na cuarta posición. Terceiro foi o alemán Gregor Buchholz.

Na clasificación xeral o galego mantense no liderato como 3.833 puntos seguido de Jonathan Brownlee (3.551) e Mario Mola (3.491).