Gran actuación de Aixa Corbacho e Sabela Martínez no Campionato de Europa de atletismo sub-18

Pontevedra
20 de xullo 2024

Aixa Corbacho, do Atletismo Rías Baixas, e Sabela Martínez, da Sociedad Gimnástica, afrontaron durante esta semana a súa primeira gran experiencia internacional accedendo a senllas finais dos campionatos de Europa de atletismo sub-18 na localidade eslovaca de Banska Bystrica  

Aixa Corbacho, no Campionato de Europa de atletismo sub-18
Aixa Corbacho, no Campionato de Europa de atletismo sub-18 / MiguelezTeam / Federación Española de Atletismo

Aixa Corbacho, do Atletismo Rías Baixas, e Sabela Martínez, da Sociedad Gimnástica, afrontaron durante esta semana a súa primeira gran experiencia internacional accedendo a senllas finais dos campionatos de Europa de atletismo sub-18 na localidade eslovaca de Banska Bystrica.

Corbacho accedeu coa quinta mellor marca (62.74m) á final de lanzamento de martelo de 3 quilogramos, onde repetiu o mesmo posto aínda que esta vez superando en máis de tres metros a súa anterior marca. Ademais, co seu lanzamento de 65.88 metros, a atleta do Rías Baixas conseguiu o récord galego sub-18 e a terceira mellor marca española.

No caso de Martínez, clasificouse para a final de 2.000 metros obstáculos a pesar de ter unha estrea accidentada cunha caída a falta de 500 metros. A atleta da Ximnástica repúxose enseguida, remontou cunha gran última volta e chegou en décimoquinta posición, accedendo á final só por dúas centésimas (6:50.53).

Sabela logrou un meritorio duodécimo posto cun crono de 6:54.95 na final polas medallas, onde a tamén española Nadia Soto colgouse o metal de bronce tras facer unha gran carreira na que fixo soñar co ouro.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora