Gran peche de tempada do Club Treboada de ximnasia acrobática

Pontevedra
04 de xullo 2024

Tres medallas no campionato nacional base de acrobática. Ese foi o gran peche de tempada que asinou o Club Treboada de ximnasia acrobática

Equipo do Club Treboada no campionato de España de ximnasia acrobática Club Treboada

Tres medallas no campionato nacional base de acrobática. Ese foi o gran peche de tempada que asinou o Club Treboada de ximnasia acrobática.

No campionato de España, celebrado en Tenerife, as primeiras en conseguir o metal foron o trío formado por Alba Veiga, Maruxa Casas e Kayla Suengas, que lograron situarse como subcampioas de España, colgándose a medalla de prata.

A continuación, participaron Rosalía Lorenzo e Valeria Conde, subcampioas galegas, que realizaron o seu mellor exercicio da tempada e puxéronlle o broche final en Tenerife.

As seguinte en competir foron Laura Pereira, Lucía Cima e Martina Maquieira, que tras ser campioas galegas nunha categoría moi rifada, conseguiron facerse co segundo metal para o club pontevedrés cunha terceira praza moi disputada.

A terceira das medallas, esta de ouro, foi para o trío senior formado por Ana Pintos, Valeria Cima e Alma Medrano, que se proclamaron campioas de España nunha categoría de moito nivel, deixando a público, adestradoras e compañeiras moi emocionadas.

Neste torneo tamén competiu a parella de Nélida Campos e Azahara Alfonsín, que fixeron gozar ao público coa súa rutina cañeira; ou a parella de benxamíns formada por Mateo Martínez e Alba Hernández, que emocionaron a todos cunha preciosa coreografía.

Á final da súa categoría chegaron Aldara Cabaleiro e Laura Conde que, tras un exercicio moi limpo e moitos nervios, rozaron as medallas e conseguiron unha sexta praza despois dunha dura competición.