Guillermo Fischer, representación teucrista no Mundial de balonmán

Pontevedra
10 de xaneiro 2019

O lateral é un dos 16 elixidos finalmente por Manolo Cadenas para defender a Arxentina na cita mundialista, mentres que o seu compañeiro de equipo Andrés Moyano foi un dos descartes e queda na lista de reserva ante unha posible lesión

Guillermo Fischer, no partido de Copa entre Teucro e Torrelavega
Guillermo Fischer, no partido de Copa entre Teucro e Torrelavega / Mónica Patxot

A Sociedad Deportiva Teucro contará con, polo menos, un representante no Mundial de balonmán que esta semana comeza en Alemaña e Dinamarca.

Dous xogadores do conxunto pontevedrés aspiraban a estar na lista de 16 de Manolo Cadenas na Selección Arxentina, os laterais Guillermo Fischer e Andrés Moyano, pero finalmente só un deles logrou entrar na convocatoria final.

O corte pasouno Guillermo Fischer, mentres que Moyano é un dos dous descartes dados polo técnico español, aínda que permanecerá na concentración como reserva e ante unha posible baixa por lesión.

Arxentina, que parte co obxectivo de avanzar ata a segunda fase da competición, debutará na cita mundialista este venres 11 de xaneiro ante Hungría. Despois durante a primeira rolda de competición deberá enfrontarse a Suecia (13), Exipto (14), Angola (16) e Qatar (17). 

Ambos os dous xogadores se reincorporaranse á disciplina do Teucro en canto conclúa a participación de Arxentina no Campionato do Mundo.