"Habrá cambios" no Pontevedra para medirse ao Internacional de Madrid

Pontevedra
22 de setembro 2018

O Pontevedra buscará este domingo (12:00 horas) en Boadilla del Monte o seu primeiro  triunfo a domicilio da tempada nun duelo inédito ante o recentemente ascendido Inter de Madrid. O técnico granate recoñeceu na previa que "no sé si en el sistema pero va a haber cambios" no equipo

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

A Madrid viaxa esta fin de semana o Pontevedra, concretamente a Boadilla del Monte, na busca do seu primeiro triunfo a domicilio da tempada este domingo (12:00 horas) ante o Internacional de Madrid.

Trátase dun duelo inédito ante un equipo que por primeira vez xoga na Segunda División  B, pero que "no tiene nada que envidiar a otras plantillas de la categoría", asegura Luismi.

É máis, "no ha perdido todavía un partido de liga y eso es que lo están haciendo bien", defende o técnico sobre o seu próximo rival, oitavo na táboa con 6 puntos tras sumar unha vitoria e tres empates ata o momento.

Luismi confirmou que "va a haber cambios" no equipo con respecto ao da última xornada de liga, na que apostou por un esquema con tres centrais. "No sé si en el sistema pero va a haber cambios", reiterou na previa ante os medios de comunicación.

No relativo á enfermería, Nacho Lorenzo é o único futbolista que perde a cita por lesión, aínda que evolucionou favorablemente da súa doenza e espérase que o vindeiro luns se poida reincorporar ao traballo de grupo co resto dos seus compañeiros.

O colexiado encargado de arbitrar o encontro será o andaluz Antonio Santos Pargaña.