Holanda, parada para o taekwondo pontevedrés

Pontevedra
11 de marzo 2016

Importante participación pontevedresa esta fin de semana en Eindhoven no Open de Holanda de Taekwondo, de categoría G-1, no que esperan sumar puntos para ascender no ránking internacional

Adestramento da Selección Galega de Taekwondo en Monte Porreiro
Adestramento da Selección Galega de Taekwondo en Monte Porreiro

O taekwondo pontevedrés ten unha importante cita esta fin de semana en Eindhoven, onde se disputa o 12 e 13 de marzo Open de Holanda, de categoría G-1.

Os deportistas da comarca presentes tentarán sumar valiosos puntos para o ránking internacional nunha competición que contará con 1.104 participantes con taekwondistas de Gran Bretaña, Francia, Turquía, Rusia, Croacia, Alemaña ou Francia, entre outros.

Alí estarán, en categoría senior, Lúa Piñeiro (Natural Sport) e Katya Calvar (Mat's) en -67 quilos, Xián Silva (Mace Sport) en -74 quilos e Borja Ríos (Hebe) en -63 quilos.

Ademais en categoría junior participarán en Holanda Jessica Blanco, Unai Silva e Javier González, todos eles deportistas do Mace Sport pontevedrés.