Homenaxe provincial aos deportistas olímpicos pontevedreses

Pontevedra
11 de outubro 2016

A Deputación recibiu este martes aos deportistas pontevedreses que participaron nos recentes Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río de Janeiro. A institución preparou unha exposición sobre os seus logros deportivos que se moverá por dispintos municipios da provincial

Homenaxe da Deputación aos olímpicos pontevedreses
Homenaxe da Deputación aos olímpicos pontevedreses / Mónica Patxot

Hai poucas semanas copaban a atención mediática pola súa participación nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río de Janeiro. Foron catro anos de esforzo para poder gozar da maior cita deportiva do planeta que agora a Deputación de Pontevedra quixo recoñecer.

A institución provincial ofreceu este martes unha recepción oficial aos deportistas pontevedreses que competiron na cita brasileira co desexo de que "os seus rostros e as súas fazañas estean presentes todos os días", non só cada catro anos

Así o sinalou a presidenta, Carmela Silva, para quen os deportistas "son un expemplo que temos que mostrar a toda a sociedad, en especial á mocidade".

Á recepción acudiron deportistas da comarca como Támara Echegoyen, Jean Marie Okutu, Juan Antonio Saavedra ou Teresa Portela, de equipos da cidade como Chano Rodríguez (Galaico) ou César Neira (Froiz). Tamén foron homenaxeados, aínda que non estaban presentes, Frank Casañas e Fernando Echávarri. O Resto de deportistas que recibiron o recoñecemento da Deputación foron: Fernando Alarza, María Bernabeu, Rodrigo Germade, Martín de la Puente, Óscar Carreia, Gustavo Nieves, Agustín Alejos e Susana Rodríguez.

Para dar a coñecer os seus méritos a administración provincial inaugurou no acto unha exposición sobre os deportistas olímpicos pontevedreses que se moverá por diferentes municipios da provincia.