Homologan o circuíto da Illa das Esculturas no que se celebrará o Campionato de España de Marcha Nórdica

Pontevedra
17 de febreiro 2022

O Club Aromon Pontevedra recibiu o certificado de homologación do circuíto que usará en setembro no Nacional de Marcha Nórdica de Seleccións Autonómicas 

Circuíto de marcha nórdica na Illa das Esculturas
Circuíto de marcha nórdica na Illa das Esculturas / Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada

É un escenario privilexiado e desde agora conta cun novo circuíto homologado para unha modalidade deportiva ata o de agora pouco coñecida.

A Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada remitiu ao Club Aromon Pontevedra o certificado de homologación do circuíto que se usará no Campionato de España de Marcha Nórdica de Seleccións Autonómicas que se celebrará o próximo 24 de setembro a beiras do río Lérez.

En concreto este circuíto terá como escenario A Illa das Esculturas, cun percorrido de 3.200 metros sobre terra e herba no que se completarán 5 voltas ata os 16.000 metros totais.

Será a primeira vez que a marcha nórdica de competición chegue a Pontevedra, cun campionato que reunirá a 19 seleccións rexionais con equipos de 4 homes e 4 mulleres en cada un das delegacións.