O Club Baloncesto Arxil é o novo pechacancelas da Liga Feminina Challenge.
O conxunto pontevedrés afrontaba este domingo un atopo clave pola permanencia, o que lle enfrontaba ao Lima-Horta Barcelona.
Os dous equipos eran os únicos do campionato con só un triunfo en liga, e o que saíse vencedor podía reengancharse á pelexa pola salvación.
Ese equipo foi o local Lima-Horta Barcelona (68-56), cun resultado que deixa moi tocadas ás xogadoras adestradas por Marita Janeiro. É de feito a súa oitava derrota consecutiva, sendo superadas polo seu rival na táboa.
O conxunto catalán, comandado o primeiro cuarto por Irene Garrido (10 puntos), tomou a dianteira nos compases iniciais, aínda que o Arxil agarrábase ao marcador (23-19).
Unha estreita marxe que se mantivo até o tempo de descanso, ao que se chegou cun axustado 37-33, con Marga Moreira e Nerea Liste mantendo o tipo en labores ofensivos (13 e 10 puntos respectivamente).
Todo estaba por decidir, pero cada vez custaba máis ver aro, e o Lima-Horta conseguía despegarse grazas ao acerto de Eli Soriano (55-45).
Heather Forster sumábase á achega onfesiva (15 puntos e 12 rebotes), pero non así o resto do equipo pontevedrés, co que remontar 10 puntos de desvantaxe resultou imposible nos minutos finais acabando o partido nun resultado de 68-56.
Consulta aquí as estatísticas do partido entre Lima-Horta Barcelona e CB Arxil.