O Pontevedra suma unha nova incorporación para a próxima tempada. O club confirmou a fichaxe do medio centro ofensivo Iago Novo.
O acordo co xogador, natural de Fene (A Coruña) e de 25 anos, é por unha tempada.
Novo chega a Pasarón procedente da UP Langreo, onde xogou a última tempada. Foi unha das pezas máis importantes do equipo asturiano, co que disputou 33 partidos.
Marcou catro goles e deu dúas asistencias.
Formado na canteira do RC Deportivo, Iago Novo xogou tamén en equipos como o Laracha, o Deportivo Fabril, o Polvorín ou a SD Formentera.