Ibón Navarro e Edgar Vicedo, convidados ACB para o Campus Baloncesto Pontevedra

Pontevedra
03 de xullo 2019

O adestrador do Morabanc Andorra e o xogador do Estudantes son os invitados de excepción na sexta edición do campus, que se celebra estes días nas instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe

Campus Baloncesto Pontevedra 2019
Campus Baloncesto Pontevedra 2019 / Cristina Saiz

Un verán máis, a Liga ACB de baloncesto achégase á cidade da man do Campus Baloncesto Pontevedra, que se celebra desde o domingo nas instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe.

Nesta ocasión, o campus dirixido por Cuco Rodríguez conta con dous mestres de excepción, Ibón Navarro e Edgar Vicedo.

O primeiro deles, Ibón Navarro, foi protagonista durante toda a xornada do martes. O adestrador do Morabanc Andorra compartiu as súas experiencias e leccións cos 70 nenos e nenas participantes.

Tras o técnico, o sábado será quenda de Edgar Vicedo, xogador do Movistar Estudantes.

O Campus Baloncesto Pontevedra continuará coa súa actividade e adestramentos durante o resto da semana, nunha edición que experimentou un importante  incrmento de xogadoras inscritas, 26 do total de 70 deportistas.