Igualdade de premios para o XXIV Open Cidade de Pontevedra de tenis

Pontevedra
02 de outubro 2018

O torneo organizado polo Club de Tenis Pontevedra, que levará desde este ano o nome de Lourdes Domínguez, foi presentado coa presenza da ex-tenista profesional

Presentación do XXIV Open Cidade de Pontevedra de Tenis
Presentación do XXIV Open Cidade de Pontevedra de Tenis / Club de Tenis Pontevedra

Lourdes Domínguez non quixo perder a presentación do torneo que desde este ano, o Open Cidade de Pontevedra organizado polo Club de Tenis.

A ex-tenista profesional acompañou os responsables do torneo e á concelleira de Deportes na posta de longo da XXIV edición da competición.

Será ademais unha edición especial pola decisión de recuperar o cadro feminino de competición, ao que se engade a igualdade de premios con 840 euros en xogo en metálico en cada unha das categorás, tanto feminina como masculina.

O Open sufriu un lixeiro cambio de datas con respecto á anunciado inicialmente, e celebrarase do 19 ao 21 de outubro na súa fase previa masculina e do 25 ao 28 do mesmo mes terán lugar as fases finais.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora