A natación converteuse este sábado 11 en Vilagarcía de Arousa nunha canle para concienciar sobre a realidade das persoas que sofren dano cerebral adquirido.
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu á terceira edición da Travesía a nado organizada pola asociación Dano Cerebral Galicia, o club Arousaman-Arousawoman, o Concello de Vilagarcía de Arousa e a Fundación de Deportes municipal.
Os 13 nadadores e nadadoras con dano cerebral que participaron na proba levaban meses adestrando para esta cita.
A organización tamén agradece ao resto de participantes o apoio a esta Travesía, que acadou un récord de inscrición nesta terceira edición
Durante o encontro, Abeijón incidiu en que esta situación sobrevida obriga con frecuencia os afectados a comezar o seu día a día desde cero.
Por este motivo, defendeu o traballo conxunto entre as institucións públicas e o tecido social co obxectivo de incrementar os recursos especializados para este colectivo.
A Xunta de Galicia sinalou que mantén o incremento do financiamento para habilitar novas prazas en centros de día e residencias.
Na última orde de axudas derivadas do 0,7% do IRPF, o Goberno galego achegou case 800.000 euros á Federación de Dano Cerebral de Galicia e ás asociacións que a integran.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.