"Ilusión" no Peixe Galego ante o complicado debut en LEB Ouro contra o Melilla

Marín
29 de setembro 2016

O equipo marinense afronta o primeiro partido de liga este venres (21:00 horas) na Raña ante o Melilla Baloncesto, club que a pasada campaña ascendeu á liga ACB pero que non puido confirmar o salto de categoría nos despachos. "El partido nos llega un poco pronto", asegura Javi Llorente, pero "tenemos la ilusión de jugar en casa" e poder "hacer un buen partido", sinala o técnico

Javi Llorente dirixindo ao Peixe Galego
Javi Llorente dirixindo ao Peixe Galego / Cristina Saiz

O soño do Peixe Galego de debutar na segunda categoría nacional, a Liga LEB Ouro, está só unhas horas de converterse en realidade.

O club marinense estréase este venres (21:00 horas) en liga recibindo a un dos grandes favoritos, o Melilla Baloncesto, equipo que o pasado ano logrou na pista o ascenso á Liga ACB pero que non logrou confirmalo nos despachos.

Javi Llorente: "El partido nos llega un poco pronto"

"El partido nos llega un poco pronto", recoñece o técnico 'peixe', Javi Llorente, debido aos problemas de varios integrantes do plantel durante a pretempada e a chegada tardía de xogadores como Gregorio Adón e a última fichaxe, Andrés Miso.

A pesar diso "tenemos la ilusión de jugar en casa y a pesar del equipo que viene hacer un buen partido para que disfrute nuestra afición", explicou Llorente.

A principal incógnita para o Peixe Galego é o estado de Jason Cain, xogador "muy importante" no xogo do equipo e que será dúbida ata última hora.

Pola súa banda o Melilla Baloncesto chegará a Marín sen dous dos seus xogadores, de baixa por lesión, como son Eloy Almazán e Marcos Suka.