A Sociedad Deportiva Teucro "apuesta fuerte" pola estrutura feminina do club, aseguraron tanto a coordinadora da base, Laura del Castillo, como o presidente da entidade, Carlos García-Alén, este xoves na presentación da fase zonal do Campionato de España Infantil Feminino.
O Pavillón Municipal dos Deportes acollerá durante a fin de semana unha competición na que comparece por segundo ano consecutivo o infantil teucrista, cunhas xogadoras que "está ilusionadísimas", recoñeceu a súa adestradora.
A pesar diso Laura del Castillo cre que o obxectivo debe ser "disfrutarlo", sen obsesionarse polo resultado.
Catro equipos loitarán por un posto na fase final do Nacional. Ademais do Teucro Clínica Véteris comparecerán Siero de BM Villanueva, Basauri Uribarri e Aula Valladolid.
A competición iniciarase este venres 25 de maio cos partidos Teucro-Basauri (18:30 horas) e Aula Valladolid-Siero (20:30 horas). O sábado será a quenda de Valladolid-Basauri (10:00) e Teucro-Siero (12:00) e o domingo dos partidos Basauri-Siero (10:00) e Teucro-Valladolid (12:00 horas).
CREACIÓN DUN EQUIPO FEMININO SENIOR
Na presentación, os responsables do club pontevedrés reafirmáronse na súa idea de, máis pronto que tarde, ampliar a estrutura feminina do club dando saída ás xogadoras da base coa creación dun equipo absoluto.
"Seguro que é factible en breve ter un equipo sénior feminino en categoría de prata", sinalou Carlos García- Alén.