Importantes citas para o Froiz en Portugal e Castellón

Pontevedra
22 de abril 2016

O equipo ciclista pontevedrés participará na Volta á Bairrada, en Portugal, unha rolda por etapas na que se medirá a equipos profesionais. Ademais afronta unha nova carreira da Copa de España

Pedro Merino durante unha competición en Portugal
Pedro Merino durante unha competición en Portugal / GD Supermercados Froiz

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz medirá as súas forzas con equipos profesionais esta fin de semana na Volta á Bairrada, que se diputa no distrito portugués de Coimbra.

É unha das citas importantes dentro da aposta polo calendario luso intensificada este ano polo equipo pontevedrés.

A carreira contará con tres etapas, dúas en liña de 161 e 169,5 quilómetros e outra contra o reloxo cun percorrido de 9,7 quilómetros. Será ademais un bo test para a inminete Volta a Coruña, que é un dos primeiros grandes obxectivos da tempada.

En Portugal correrán representando ao Froiz: Diego Somoza, Renato Macedo, João Matías, Miguel Gómez, Pedro Merino e Sergio Míguez.

Ademais a escuadra alimenticia afronta unha nova proba da Copa de España en Castellón, coa Clásica Momparler, entrando no terzo final dunha competición que esta tempada estase a resistir especialmente.

Non será unha carreira sinxela, xa que está deseñada para rodadores e é obxectivo claro dos sprinters.

O equipo do Froiz para esta proba da Copa de España Elite e Sub-23 compóñeno: Martín Bouzas, Raúl Fernández, David González, Alejandro Regueiro, Rodrigo Enríquez e Víctor Fernández.