Iñaki Martínez e Javi Pereira seguirán un ano máis no Arosa

O Salnés
12 de xuño 2024

Con eles dous ascenden xa a oito os futbolistas renovados no club arlequinado para a próxima tempada

Partido entre Arosa e Estradense na Lomba
Partido entre Arosa e Estradense na Lomba / Arosa SC

Non hai xornada sen noticias do Arosa, que camiña con paso firme e seguro na planificación da próxima tempada.

O club arlequinado confirmou este mércores dúas novas renovacións, de homes ademais con importante presenza no equipo a última tempada.

En especial foi así no caso de Iñaki Martínez, convertido nun fixo no once estas dúas últimas campañas e sendo segundo máximo realizador arosista na liga recentemente finalazada, na que sumou seis tantos.

Ademais tamén continuará na Lomba, na que será a súa segunda campaña no equipo, o extremo Javi Pereira, xogador que aterrou o pasado verán en Vilagarcía procedente do Alondras.

Con Iñaki e Javi Pereira son xa oito os futbolistas confirmados no Arosa, ao sumarse á lista na que xa figuraban Pacheco, Noel Chaves, Antón Concheiro, Dani Sánchez, David Conde e Sergio Prieto.

Pola contra o que non seguirá no bloque arlequinado será Santi Gegunde.