A segunda pasada polo tramo de Ponte Caldelas - Barbudo foi suspendida tras un accidente que acabou en incendio.
O sinistro consistiu nunha saída de vía do accidente do coche pilotado por Juanma Freiría e copilotado por Adrián Salgueiro. Ningún deles sufriu feridas importantes.
Como consecuencia do accidente, o coche, un BMW 325i, quedou calcinado.
As chamas propagáronse a unha zona de monte próxima á estrada obrigando a intervir aos servizos de extinción de incendios.
A dirección de carreira do Rallie Rías Baixas decidiu entón suspender o TC 3, a segunda pasada polo tramo de Ponte Caldelas – Barbudo, e a neutralizar o TC1.
O Rallie reanudouse na segunda pasada do tramo Ponte Caldelas – Vilarchán, segundo informou a organización da proba.
O alcalde de Ponte Caldeas, Andrés Díaz daba conta nas súas redes sociais do accidente e porterior incendio neste monte de Esfarrapada, en Anceu, sinalando que a rápida intervención dos servizos de emerxencia evitou que as lapas se extenderan máis.
Segundo informou a Consellería de Medio Rural, mobilizáronse a catro axentes, cinco brigadas, tres motobombas, dous helicópteros e dous avións.