Inicio da segunda volta para un Poio Pescamar que mira cara á terceira praza

Poio
25 de xaneiro 2019

O conxunto vermello recibe este sábado en horario pouco habitual (16:00 horas) a un rival directo na clasificación, o Universidad de Alicante. O Poio, sétimo con 28 puntos, quere cun triunfo escalar posicións e reducir os 3 puntos de distancia que lle separan da terceira posición

Partido entre o Poio Pescamar e o UCAM Murcia na Seca
Partido entre o Poio Pescamar e o UCAM Murcia na Seca / Diego Torrado

Iníciase a segunda volta de competición na Primeira División para un Poio Pescamar que mira alto, concretamente cara á terceira posición que se atopa a só 3 puntos de distancia.

Ese é o obxectivo do conxunto vermello, sétimo con 28 puntos, e para iso faise vital iniciar a segunda metade de campionato vencendo a un rival directo na táboa como o Universidad de Alicante, co que están empatados a puntos.

O encontro disputarase este sábado en horario pouco habitual (16:00 horas) no Pavillón Municipal da Seca.

Dani Díaz recupera para a cita a un dos puntais do equipo, a gardameta Silvia Aguete, recuperada dunha lesión de xeonllo que lle apartou da última xornada.

Ademais de Silvia, a convocatoria do Poio Pescamar compóñena: Irene Floriani, Jenny Lores, Ale de Paz, Iria Saeta, Irene García, Ceci, Jessi Jineth e Dani Sousa.