Innovación e deporte, da man por cuarto ano no Galicia Sportech Congress

Pontevedra
13 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A cuarta edición do congreso celebrarase entre o 8 e o 10 de abril na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra

Presentación da cuarta edición do Galicia Sportech Congress
Presentación da cuarta edición do Galicia Sportech Congress / Concello de Pontevedra

Pontevedra repetirá como sede, por cuarto ano, do Galicia Sportech Congress, evento sobre deporte, transformación dixital e innovación.

O congreso celebrarase entre o 8 e o 10 de abril na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, e foi presentado este mércores oficialmente no Concello de Pontevedra.

"Queremos resaltar que o congreso xa é un referente estatal e internacional, participando máis de 500 persoas a nivel presencial e máis de dous milleiros a través da transmisión dixital, chegando os 12 países distintos. Más de 40 empresas estarán presentes tamén e tocarán distintas temáticas deportivas do mesmo xeito que distintas disciplinas", destacou David Suárez, promotor do Galicia Sportech Congress.

"Adidas, Rakuten, Rafael Nadal Academy, Sporting de Braga, Celta, Betis… Son agrupacións e marcas que estarán presentes nesta edición", afirmaron na presentación.

"É importante estar neste evento, queremos agradecerlle á organización o seu labor á hora de poñer en marcha esta cita que xunta innovación, talento e deporte, e só podemos dicir que seguiremos apoiando este tipo de propostas xunto con outras de carácter deportivo que xa están fixadas no calendario deportivo e de ocio da cidade", sinalou pola súa banda o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.