Inscrición a ritmo de récord no Medio Maratón Cidade de Pontevedra

Pontevedra
01 de outubro 2013

Nunha semana xa se anotaron 942 corredores, fronte aos 685 do ano 2012 nas mesmas datas. O obxectivo é chegar aos 1.500 deportistas

Superar a cifra récord de participación do Medio Maratón Serviocio Cidade de Pontevedra parece ao alcance da man na proba fixada para o próximo 20 de outubro.

Para a súa décimo oitava edición, e só unha semana despois de abrirse o prazo oficial de inscrición, xa son 942 os atletas que se anotaron, fronte aos 685 do pasado ano nas mesma datas.

A este ritmo a organización, a cargo da Sociedad Gimnástica, prevé alcanzar a cifra tope de deportistas establecida en 2012, con 1.344 participantes, e xa se pon o obxectivo dos 1.500.

Os atletas que queiran inscribirse na proba, final da primeira edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, poden facelo a través da páxina web www.championchipnorte.com.