Intensa fin de semana de boxeo en Marín

Marín
18 de maio 2024

Desde o venres 17 e ata o domingo 19 de maio o pavillón do SEI San Narciso é escenario da IV edición do Open Villa de Marín. Cos seus preto de 320 deportistas apuntados, o evento organizado polo Team Thunder converteuse este ano no máis numeroso da historia do boxeo galego e un dos máis importantes no panorama nacional

IV Open Villa de Marín de boxeo
IV Open Villa de Marín de boxeo / Cristina Saiz

Está claro que o boxeo é un dos deportes que reina no Concello de Marín e proba diso está a ser a celebración da cuarta edición do IV Open Villa de Marín.

Desde o venres 17 e ata o domingo 19 de maio o pavillón do SEI San Narciso é escenario deste torneo que xa é historia tanto a nivel galego como a nivel nacional.

E é que cos seus preto de 320 deportistas apuntados, o evento organizado polo Team Thunder converteuse no máis numeroso da historia do boxeo galego e un dos máis importantes no panorama español.

En total son 200 combates nos que participarán boxeadores de España, Portugal e Francia, 15 comunidades autónomas e un total de 55 clubs. 

A cita é aberta ao público e pode presenciarse no pavillón marinense en horario matinal de 10:30 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.