Os campos Manolo Barreiro da Xunqueira e Monte Porreiro en Pontevedra e o da Seca en Poio acollen este venres 15 e sábado 16 o Campionato de Europa de Fútbol Gaélico.
Ao redor de 400 deportistas repartidos en 25 equipos danse cita nunha competición que viviu toda unha batería de partidos desde primeira hora da mañá.
As seleccións galegas foron protagonistas da primeira xornada, tanto na categoría Championchip (absoluta) como na Development, con sede en Poio. En especial o equipo feminino galego absoluto, que iniciou a competición na que defende título continental derrotando a Francia B (22-2), Alemaña (36-0), Luxemburgo (27-3) e Bretaña (21-3).
Pola súa banda na competición masculina, Galicia venceu a Benelux (27-2) e Iberia (25-5) e caeu derrotada ante Francia (6-17).
O Campionato de Europa de Fútbol Gaélico vivirá este sábado a súa xornada final, coa pelexa masculina polo título absoluto prevista ás 18.40 horas na Xunqueira e a masculina para as 19.30 horas.