Iraia Arbeloa, segunda fichaxe do Poio Pescamar

Poio
17 de xullo 2020

A xove xogadora navarra, internacional sub-19, chega ao club vermello procedente do Ourense Envialia, co que a pasada campaña foi semifinalista no play-off polo título de liga

Iraia Arbeloa e Carol Agulla, no partido de liga entre Poio Pescamar e Ourense Envialia na Seca
Iraia Arbeloa e Carol Agulla, no partido de liga entre Poio Pescamar e Ourense Envialia na Seca / Diego Torrado

Mocidade e talento definen á segunda fichaxe estival do Poio Pescamar, coa que quere ir completando un plantel co que aspira a pelexar polos títulos.

A futbolista que aterra en Poio é Iraia Arbeloa, xogadora navarra que procede do Ourense Envialia, club co que a pasada campaña xogou a semifinal polo título de liga.

Arbeloa formouse na canteira do Orvina, e debutou hai dúas tempadas en Primeira División nas filas do Viaxes Amarelle coruñés. É ademais internacional  sub-19 con España.

Trátase dunha deportista con "un gran futuro", sinalan desde o club vermello, desde onde aseguran que "destaca pola súa velocidade e desborde" no posto de ala.

Iraia súmase desta forma a un plantel na que xa figuraban como renovadas Silvia Aguete, Carol Agulla, Antía Pérez, Caridad, Daniella Sousa, Ana Rivera e Mirian Ruiz e ao que recentemente se incorporou Luci como primeiro reforzo.