A un paso do título quedou a Selección Galega Sub-20 na fase final do Campionato de España de Fútbol sala disputada esta fin de semana na localidade madrileña das Rozas.
O combinado autonómico cedeu nunha emocionante final ante Cataluña (2-1) e tivo que conformarse coa medalla de prata.
O Poio Pescamar estaba representado no torneo con dous das súas xogadoras, Carolina Agulla e Irene García.
Agulla compareceu no quinteto inicial nos dous encontros da fase final, mentres que Irene formou parte da segunda unidade pero foi tamén peza importante nos plans do técnico galego, Jorge Basanta.
Nas semifinais Galicia eliminara a Andalucía tras vencer por un claro 3-0.
En canto ao partido polo título, mantiveron opcións de forzar a prórroga ata o final, a pesar de ter que remar ao contraxeito desde moi cedo polo de Cataluña no primeiro minuto de xogo. As xogadoras galegas fixéronse co domino e crearon ocasións, pero o acerto da gardameta rival impediulles a igualada e o que chegou mediado o segundo acto foi o 0-2. Basanta apostou entón polo xogo de cinco conseguindo acurtar distancias cun gol de Idoya, aínda que resistiuse o empate e escapáronse as opcións de facerse co título.