Irene Trabazo defende con éxito o título de campioa da Copa de España de Ciclocrós

Marín
15 de decembro 2015

A ciclista marinense, que se impuxo en Valencia na última e definitiva proba da Copa, saíu xa como virtual campioa ao devolverlle a Federación os 25 puntos que lle retirara por unha sanción previa. Repite o título junior no seu segundo ano na categoría  

Irene Trabazo (segunda pola esquerda) co resto de vencedoras da Copa España
Irene Trabazo (segunda pola esquerda) co resto de vencedoras da Copa España / Real Federación Española de Ciclismo

É o seu segundo ano na categoría junior e conseguiu repetir título de campioa. Irene Trabazo adxudicouse en Valencia a Copa de España de Ciclocross tras gañar a súa sétima carreira das oito que figuraban no calendario.

A ciclista marinense chegaba á cita empatada na clasificación coa valenciana Sofía Rodríguez, pero empezou a carreira como campioa virtual.

Isto debeuse a que a Federación decidiu devolverlle os 25 puntos de sanción que lle quitara por non saír co maillot de líder en Elorrio.

Irene, unha vez máis, non tivo rival confirmando o seu dominio na carreira definitiva, na que gañou con 28 segundos de vantaxe sobre Rodríguez, sendo Marga Durán terceira.

Si a actuación xa era boa de seu, Trabazo finalizou a beiras do Turia na novena posición xeral da categoría feminina.