Irene Trabazo defende con éxito o título de campioa da Copa de España de Ciclocrós

Marín
15 de decembro 2015

A ciclista marinense, que se impuxo en Valencia na última e definitiva proba da Copa, saíu xa como virtual campioa ao devolverlle a Federación os 25 puntos que lle retirara por unha sanción previa. Repite o título junior no seu segundo ano na categoría  

Irene Trabazo (segunda pola esquerda) co resto de vencedoras da Copa España Real Federación Española de Ciclismo

É o seu segundo ano na categoría junior e conseguiu repetir título de campioa. Irene Trabazo adxudicouse en Valencia a Copa de España de Ciclocross tras gañar a súa sétima carreira das oito que figuraban no calendario.

A ciclista marinense chegaba á cita empatada na clasificación coa valenciana Sofía Rodríguez, pero empezou a carreira como campioa virtual.

Isto debeuse a que a Federación decidiu devolverlle os 25 puntos de sanción que lle quitara por non saír co maillot de líder en Elorrio.

Irene, unha vez máis, non tivo rival confirmando o seu dominio na carreira definitiva, na que gañou con 28 segundos de vantaxe sobre Rodríguez, sendo Marga Durán terceira.

Si a actuación xa era boa de seu, Trabazo finalizou a beiras do Turia na novena posición xeral da categoría feminina.