Continuidade para o proxecto deportivo da Sociedad Deportiva Teucro.
A xunta xestora da entidade pontevedresa pechou a renovación de Irene Vilaboa como adestradora do primeiro plantel, tras conseguir a permanencia do equipo na División de Honra Prata na última xornada de liga.
Coa chegada da preparadora, desde o Teucro apostouse por un proxecto a medio prazo. Así o remarcaron os dirixentes na súa presentación, polo que a súa continuidade era unha prioridade para o próximo curso.
"A experiencia de Irene engadido ao seu bo facer fixo que Irene Vilaboa sexa un piar imprescindible no proxecto de futuro", remarca o vicedecano do balonmán nacional sobre a súa adestradora.
No seu segundo ano á fronte do equipo "queremos dar continuidade ao sistema de xogo xa implantado na pasada campaña e poder reforzarnos algunhas posicións", recoñece Vilaboa sobre unha nova tempada que "a competición será tan esixente ou máis que a pasada".