O novo proxecto do Club Cisne Balonmán na División de Honra Prata segue tomando forma, e faino coa renovación dun "pilar fundamental na defensa", asegura a entidade.
Trátase de Iván Calvo, que seguirá un ano máis defendendo as cores do equipo pontevedrés.
"Esta será a miña quinta tempada, estou moi contento", asegurou o especialista defensivo, que esta campaña en Asobal perdeu boa parte do curso por unha lesión. Unha ausencia que acusou o equipo en momentos clave.
Por todo iso Calvo afronta a nova campaña con ilusións renovadas. "Espero vervos a todos no Municipal para o ano que vén e tentar volver ascender a Asobal", asegura.
RENOVACIÓN | Pilar fundamental en la defensa del Cisne, @ivan_calvo_15, también formará parte del equipo la próxima temporada ¡Grande Iván! #SomosCisne#OrgullososdoNoso#Renovaciónpic.twitter.com/mg1cElI98d
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 8, 2023
Con el son xa cinco os xogadores confirmados para un Cisne que dirixirá Javier Fernández 'Jabato' desde o banco, ao unirse a unha lista na que xa estaban o extremo canario Alberto Delgado, fichado procedente do Gáldar, e os renovados Mateo Arias, Roney Franzini e Gualther Furtado.