Iván Castesana, un pontevedrés que destaca no mundo do fitness

Pontevedra
03 de outubro 2017

Este deportista pontevedrés foi un dos gañadores da primeira Copa Norte de España celebrada en Ávila

Iván Castesana

A primeira Copa Norte de España 2017 de fitness e fisioculturismo, celebrada a pasada fin de semana en Ávila, tivo acento pontevedrés.

Fíxoo grazas á actuación de Iván Castesana, vencedor na categoría Men Physique talla baixa.

Ademais a porriñesa Tania Bugarín, que adestra habitualmente en Pontevedra, gañou en categoría bikini talla baixa e tamén o absoluto de bikini.

A Copa Norte reune a competidores de Galicia, País Vasco, Cantabria, A Rioxa e Castela-León.

Tras esta cita Iván Castesana ten previsto tomar parte na Copa Galicia, que se celebrará en Valga, e no Campionato de España previsto para os días 14 e 15 de outubro.