Iván Docampo dá á Gimnástica o seu quinto campionato galego consecutivo de cinco quilómetros en ruta

Pontevedra
07 de xullo 2014

O pupilo de Pablo Díaz non foi o único atleta pontevedrés en subir ao podio. Francisco Sánchez, que foi décimo sétimo na xeral, tamén foi ouro na categoría veterana de maiores de 35 anos e Martín Taín foi prata na categoría promesa masculina

Pontenoite 5+5 Diego Torrado

Iván Docampo proclamouse esta fin de semana campión galego de cinco quilómetros en ruta, durante o campionato que se celebrou na localidade coruñesa de Curtis. Completou a proba cun tempo de 15:51, once segundos menos que o segundo e terceiro clasificado, Abdelaziz Fathi e Leonardo Rodríguez, respectivamente.

O atleta da Sociedad Gimnástica, que xa gañou a competición en 2011, logrou polo tanto a súa segunda medalla de ouro na distancia. Con esta vitoria, xa son cinco edicións nas que un atleta masculino do conxunto pontevedrés gaña o campionato.

Pero o pupilo de Pablo Díaz non foi o único atleta pontevedrés en subir ao podio. Francisco Sánchez, que foi décimo sétimo na xeral, tamén foi ouro na categoría veterana de maiores de 35 anos e Martín Taín foi prata na categoría promesa masculina.

Con esta carreira practicamente conclúe a tempada de campionatos de Galicia, unha tempada na que a Sociedad Gimnástica leva obtidas 128 medallas, 60 delas de ouro. Aínda quedan pendentes dúas probas en ruta, o galego de milla e o de 10 quilómetros. Ningún deles ten aínda sede.