Iván Docampo e Leticia Fernández gañadores da Pontenoite 5+5

Pontevedra
15 de xuño 2014

Un total de 669 atletas participaron nas dúas carreiras disputadas polas rúas de Pontevedra nas distancias de 5.000 metros (unha volta ao circuíto) e o 'máis cinco' ' dúas voltas, dez mil metros

Saida da Pontenoite 5+5
Saida da Pontenoite 5+5

Eran os favoritos e cumpriron co prognóstico, Leticia Fernández e Iván Docampo impuxéronse na segunda edición da Pontenoite 5+5.

Un total de 669 atletas participaron nas dúas carreiras disputadas polas rúas de Pontevedra nas distancias de 5.000 metros (unha volta ao circuíto) e o ''máis cinco'' dúas voltas, dez mil metros.

Na distancia de 5.000 metros a vitoria foi para a viguesa Paula Román, cun tempo de 19'20", seguida por Lorena Salgueiro e Iria Rubial.

Na categoría masculina de novo outro vigués, David Posada, impúxose cun crono de 16'05", en segundo lugar Diego Calvete, subcampión do mundo de dúatlon hai quince días en Pontevedra, e terceiro foi Jorge Janeiro.

En canto á proba de dez mil, aberta para os atletas que participan habitualmente no Circuíto de Carreiras Populares, impúxose Iván Docampo Gonzalez cun tempo de 31'28''. En segunda e terceira posición chegaron os triatletas Antonio Serrat e Diego Paz. Para a clasificación do circuíto de carreiras, esas posicións foron para Abel Barros González e Miguel Daporta.

Na categoría feminina, Leticia Fernández fixo valer a súa condición de subcampiona española impoñéndose ao resto cun tempo de 37'30". María del Rosario Figueroa foi segunda e María del Pilar López, terceira.