Jacobo Soler, atleta do Club Atletismo Rías Baixas, ascendeu á quinta posición do ranking nacional sub 23 despois de conseguir unha das súas mellores marcas na competición nacional celebrada este sábado en Madrid.
O sub 23, que acudiu este sábado á competición nacional celebrada no polideportivo de Gallur (Madrid) debido á falta de competicións de Galicia, acudiu á cita para mellorar a súa marca persoal e parou o cronómetro nun tempo de 22.33 nos 200 metros.
O pupilo de Gonzalo Méndez leva practicando atletismo desde hai tan só dous anos e xa é unha das grandes revelacións do club.
A próxima cita do novo talento será no nacional de Valencia que se celebrará durante o 12 e o 13 de febreiro.