A Copa do Mundo de Sprint Olímpico celebrada esta fin de semana en Szeged (Hungría) deixou a mellor das noticias para o último día. Jaime Duro brillou na final de C1 5000 e conquistou o ouro cun tempo de 24:53.31.
Máis de medio minuto de vantaxe permitiu ao pontevedrés vencer os seus perseguidores directos, o húngaro Adolf Balazs (25:26.34) e o checo Robin Hirsch (25:46.14).
Este primeiro posto supón a segunda medalla de ouro da competición para a selección española, pois Sara Ouzande tamén logrou o máximo galardón na modalidade de K1 200.
A armada pontevedresa contribuíu con dous metais máis nas probas de C1 200 e K2 500 grazas aos bronces de Pablo Graña e Carolina García.
Mentres que o cangués asinou unha gran actuación na final de canoa para lograr a terceira praza, a lerezana competiu á perfección coa súa compañeira de equipo Nerea García para sumar un exitoso terceiro posto.
🥵🥇𝐏𝐟𝐟𝐟𝐟𝐟𝐟𝐟 𝐦𝐮𝐮𝐮𝐮𝐮𝐮𝐮𝐲 𝐃𝐔𝐑𝐎
— PiragüismoEspaña (
👏🏻Jaime Duro consegue a medalla de ouro no C1 5000.
Que nivel, Jaime… QUE NIVEL!🤯🤯🤯#SomosPalistas #CanoESP pic.twitter.com/XQUN5LKBMORFEPiraguismo) May 10, 2026
Non tiveron a mesma sorte o resto de representantes. Pablo Crespo terminou noveno na distancia de mil metros mentres que Rodrigo Germande non logrou un pase á final de K2 500.
Adrián Sieiro finalizou cuarto e quedou ás portas do bronce xunto ao seu compañeiro Daniel Grijalba na final de C2 500 e Antía Jácome, doutra banda, terminou oitava en C1 200.
Tampouco houbo sorte para Claudia Coto, que non logrou o pase á final de C2 500, nin para a parella formada por Manuel Fontán e Diego Domínguez que finalizou oitava na categoría masculina.
A próxima fin de semana será a quenda da segunda Copa do Mundo de Sprint Olímpico en Brademburgo. Cabe destacar a importancia destas probas de cara a sumar puntos no ranking internacional para lograr a clasificación aos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 2028.