Jandrín regresa a Asturias e firma polo Lealtad

Pontevedra
09 de xullo 2016

Mentres o Pontevedra traballa na fichaxe de dous dianteiros, os futbolistas que se desvincularon do club granate este verán seguen atopando acomodo noutros equipos da categoría

Jandrín durante un adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe
Jandrín durante un adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe / Mónica Patxot

Mentres o Pontevedra traballa na fichaxe de dous dianteiros, os futbolistas que se desvincularon do club granate este verán seguen atopando acomodo noutros equipos da categoría.

Algúns, como o caso de Jandrín, regresarán a Pasarón esta tempada defendendo as cores doutro equipo, e é que o extremo asturiano volve á súa terra tras confirmar a súa fichaxe polo Lealtad.

Jandrín, que chegou á cidade de Lérez o pasado verán procedente do Real Avilés, desvinculouse do Pontevedra ao non aceptar as condicións da oferta de renovación que lle propuxo o club, tras un ano no que participou en 38 partidos (37 de liga e 1 de copa) e anotou tres goles.

Outro futbolista que atopou acomodo nas últimas horas é Antonio Bello, que retorna poucos meses despois ao Grupo IV da Segunda B.

Bello, que recalou no Pontevedra no mercado invernal procedente do UCAM Murcia, xogará a próxima campaña no FC Jumilla. No club de Pasarón disputou 15 partidos de liga, sendo dos primeiros futbolistas do plantel en anunciar que non continuarían defendendo a elástica granate.