Javi Pazos comprométese co Arosa

O Salnés
30 de xuño 2014

O dianteiro ficha polo club arlequinado, onde coincidirá con Piscis, que xa o adestrou no filial do Pontevedra. O Arosa anuncia ademais as renovacións de Santi Padín e Vixo

Javi Pazos nun adestramento en Príncipe Felipe
Javi Pazos nun adestramento en Príncipe Felipe /

O Arosa anunciou este luns de xeito oficial a incorporación do dianteiro Javi Pazos para a próxima tempada.

O club arlequinado faise cos servizos do xogador marinense tras o seu paso o pasado curso polo Choco e unha breve aventura en Tarragona.

Javi Pazos reencontrarase así con Piscis, técnico que xa o dirixiu no filial do Pontevedra.

Por outra parte o Arosa anunciou tamén a renovación de dous futbolistas, Santi Padín e Rubén Carreira 'Vixo', que deixan moi adiantada a composición do plantel que competirá por segundo ano consecutivo na Terceira División.