Javi Santana, Miguel Pello e Sergio Cortizo, a por unha tempada máis co Teucro

Pontevedra
05 de xullo 2024

Con estas tres renovacións, xa son 11 os membros cos que contará o equipo lerezano de fronte ao próximo ano

Santana, no partido de Primeira Nacional entre Teucro e Lanzarote
Santana, no partido de Primeira Nacional entre Teucro e Lanzarote / Cristina Saiz

Tripla renovación nas filas da Sociedad Deportiva Teucro, que continúa coa súa planificación para a nova tempada en Primeira Nacional

Esta última semana sumáronse á lista de xogadores que seguirán no equipo pontevedrés os gardametas Javi Santana e Miguel Pello, e o extremo dereito Sergio Cortizo.

Con estas tres renovacións, xa son 11 os membros cos que contará o equipo lerezano de fronte ao próximo ano: Daniel Vicente Pintus, Eloy Krook, Miguel Monteagudo, Rhuan Marchete, Caue Herrera, Andrés Pérez, Roi González e o recentemente fichado Sergio Wagner.