Javier Mínguez apadriña a nova tempada do Supermercados Froiz

Pontevedra
15 de febreiro 2019

A presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz estivo presidida este venres por Javier Mínguez, ex–seleccionador nacional e padriño de honra do equipo para esta nova tempada

Presentación oficial do Supermercados Froiz 2019
Presentación oficial do Supermercados Froiz 2019 / Victoria Regueira

A presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz estivo presidida este venres por Javier Mínguez, ex–seleccionador nacional e padriño de honra do equipo para esta nova tempada.

Mínguez destacou "la buena labor del Grupo Froiz durante estos 31 años", tempo no que "han apostado siempre por la gente joven que si quiere llegar a ser profesional en el futuro, debe pasar antes por aquí".

Ao evento tamén acudiron o patrón do equipo, Magín Froiz; Evaristo Portela, director do Supermercados Froiz; e personalidades do mundo do ciclismo como Óscar Pereiro, Álvaro Pino e Marcos Serrano; ademais de Carmela Silva, presidenta da Deputación; Chelo Besada, deputada provincial de deportes; Marga Caldas, concelleira de deportes de Poio e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Tamén gozaron do acto nenos e nenas dos colexios San José e Álvarez Limeses de Pontevedra e o CEIP Carballal de Marín.

ALMAGRO, PRIMEIRA PARADA COMPETICIÓN DA TEMPADA

Esta fin de semana comeza a nova tempada cun test de nivel para o pelotón do Froiz, pensando na estrea da Copa de España. Será no XX Memorial Manuel  Sanroma que se disputa os días 16 e 17 de febreiro en Almagro, Ciudad Real.

Nesta proba inaugural o equipo competirá con Jesús Arozamena, Óscar Linares, Martín Lestido, Iván Martínez, Victor Romero, Alejandro Igresias e Aaron Mariño.