Jéssica Bouzas di adeus ao US Open en primeira rolda da fase previa

O Salnés
23 de agosto 2023

A tenista arousá caeu na súa estrea nas pistas do grand slam norteamericano despois dun longo partido que se resolveu en tres mangas contra a húngara Timea Babos

Jéssica Bouzas, no W15 de Villena Juan Carlos Ferrero Sport Academy

Amarga despedida de Jéssica Bouzas no último Grand Slam da tempada tenística, o US Open.

A deportista arousá acudía ás pistas de Nova York coa esperanza de repetir presenza no cadro final dun grande, tras a súa primeira rolda de Wimbledon, pero cedeu no seu primeiro partido da previa ante unha dura rival.

Bouzas medíase á húngara Timea Babos, número 200 do ranking mundial pero que chegou a estar no posto 25 e a liderar a clasificación de dobres, e estivo preto de superala nun partido que se foi ás tres mangas e prolongouse máis de dúas horas.

Jéssica levou o primeiro set por 6-1 e soñou con pasar de rolda, pero finalmente a súa rival deulle a volta ao partido ao levar as seguintes mangas por 4-6 e 3-6.